Friday 27 de November de 2026

Rosalía de Castro centrou unha nova xuntanza do Club de Lectura das Amas de Casa de Ribeira


 Procederon cunha lectura compartida e fragmentada da autora de Cantares gallegos

O Club de Lectura da Asociación Amas de Casa de Ribeira celebraron na tarde de onte unha lectura compartida e fragmentada da biografía e poética de Rosalía de Castro con motivo do mes de santos Novembro, mes do recordo. Ao igual que xa sucedera coa proposta focalizada en Otero Pedrayo, esta sesión contou coa colaboración do Concello e desenvolveuse no Centro Cultural Lustres Rivas, ata onde se desprazou a concelleira de Educación e Promoción da Lingua, Nucha Brión.

Unhas corenta mulleres puxeron nas súas voces as verbas de Rosalía, quen “representa todo un referente literario; unha muller que coa publicación de Cantares gallegos marcou un fito histórico na cultura. Moitos dous seus poemas foron musicados nos anos setenta do século pasado con Amancio Prada ou Andrés do Barro e a vitalidade do galego na música constátase hoxe en día coa nova xeración de creadores e creadores”, en palabras da edil.

Deja un comentario