O investimento achégase aos 100.000 euros no marco do POS+2025
A rúa da Agriña contará cunha renovada rede de abastecemento e pavimentación unha vez finalicen as obras que comezaron nesta semana en dita vía da parroquia de Palmeira. O Concello de Ribeira executa estas obras para seguir mellorando as prestacións nas parroquias cunha actuación adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A., por importe de 96.977,31 euros, IVE incluído, ao abeiro do POS+2025.
En primeiro lugar, procederase coa instalación de 395,00 metros de tubaxe para a condución de auga potable e equipamento necesario, renovando as acometidas domiciliarias e entroncando coas redes existentes para, posteriormente, aplicar aglomerado asfáltico en quente en toda a calzada, que supón unha superficie de 2.838,00 metros cadrados. Os traballos finalizarán co pintado da sinalización horizontal. O prazo de duración desta intervención é de dous meses.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.