A Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros desprazarase este sábado 28 de novembro ata Cee para participar nun concerto no que compartirá escenario coa Banda de Música de Cee. A actuación terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Baldomero Cores.
A Banda municipal de Oleiros, integrada nesta ocasión por 45 músicos e baixo a dirección de Nilo García Armas, ofrecerá un repertorio variado que incluirá pezas como Ponteareas, de Reveriano Soutullo; El fantasma de la ópera, de Andrew Lloyd Webber; Danza del molinero, de Manuel de Falla; La Pícara Molinera, de Pablo Luna, e La Concha Flamenca, de Pascual Marquina Artolá.
Esta actividade forma parte do traballo que desenvolve o Concello de Oleiros para fomentar a formación musical, promover a participación cultural e ofrecer novas experiencias aos integrantes da Escola Municipal de Música. A viaxe está financiada integramente polo Concello.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.