O Concello de Oleiros acaba de incorporar Bizum como nova modalidade de pagamento dos tributos municipais, co obxectivo de facilitar á cidadanía o cumprimento das súas obrigas tributarias e ofrecer alternativas máis áxiles, cómodas e sinxelas para realizar os pagamentos.
Esta nova opción está dispoñible a través da sede electrónica municipal (sede.oleiros.org), dentro do servizo de pago de recibos, taxas e multas. Deste xeito, as persoas usuarias poden aboar os seus recibos directamente desde o teléfono móbil, sen necesidade de introducir os datos da súa tarxeta bancaria.
Con esta incorporación, o Concello continúa avanzando na modernización dos seus servizos e na mellora da atención á cidadanía, incorporando ferramentas dixitais que permiten realizar xestións administrativas de maneira máis rápida e accesible, evitando desprazamentos e simplificando os trámites.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.