· No pleno ordinario deste xoves 26 de novembro debaterase a aprobación inicial do proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados, que se pretende facer por taxación conxunta.
· Tras a súa aprobación e publicación abrirase un prazo dun mes para presentar alegacións.
· Unha vez resoltas, poderase iniciar o proceso de contratación do proxecto.
O Concello de Bergondo levará este xoves, 26 de novembro, a pleno a proposta de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para executar o Plan Especial del Río Maior, na parroquia de Lubre.
Trátase dun novo paso na tramitación deste proxecto, que foi aprobado definitivamente en outubro de 2025 tras recibir un informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo #da Xunta de Galicia. A expropiación por taxación conxunta permite valorar nun único expediente todos os bens e dereitos afectados, o que simplifica e axiliza o procedemento.
Tras a aprobación inicial no pleno, abrirase un prazo dun mes para que as persoas afectadas poidan presentar alegacións. Unha vez que estas se resolvan, o Concello poderá iniciar o proceso de contratación do proxecto.
Un proxecto con tres obxectivos
O Plan Especial del Río Maior permitirá poñer en funcionamento a rede de saneamento da parroquia de Lubre mediante a construción de tres novos colectores, que completarán os outros sete xa executados e conducirán as augas residuais ata la EDAR de Gandarío.
Tamén supoñerá a construción do Paseo Fluvial del Río Maior, unha senda de aproximadamente 2.184 metros de lonxitude entre os lugares de Agrumias e Cambade, que se executará en madeira lamelada de piñeiro tratado e que será un novo espazo de lecer para veciños e veciñas e un atractivo turístico.
Ademais, o proxecto inclúe a restauración ambiental do ámbito, que presenta certa degradación pola presión construtiva, e solucións para minimizar os efectos do risco de inundación en dous puntos.
Desde o goberno local destacan que “este é un paso máis nun proceso longo, pero necesario, para que Lubre poida contar por fin cunha rede de saneamento en funcionamento. Seguimos avanzando, con todas as garantías para as persoas afectadas, nun proxecto que ademais lles dará aos veciños e veciñas un novo espazo para pasear xunto ao río e que axudará a reducir ou rocha de inundación”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.