Saturday 21 de November de 2026

O Concello subvenciona con máis de 52.000 euros ás entidades veciñais e culturais


O Concello de Oleiros resolveu provisionalmente as subvencións anuais dirixidas a asociacións veciñais, entidades culturais e folclóricas, comisións de festas… O importe total a repartir entre as 19 entidades solicitantes é de 52.500 euros.

Pero a colaboración municipal vai moito máis alá das achegas económicas. O Concello pon gratuitamente á disposición das entidades os espazos públicos, instalacións e locais municipais que precisan para desenvolver a súa actividade. Ademais, presta todo tipo de axuda a través de recursos humanos, medios materiais e apoio loxístico para a organización das diferentes iniciativas.

As subvencións permiten ás entidades sufragar distintos gastos relacionados cos actividades que organizan: cursos, obradoiros, celebracións tradicionais, festas parroquiais, excursións e intercambios de carácter artístico, eventos e festivais dos diferentes campos da cultura, charlas,…

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS

A.V.V. A RÍA: 3.837,26 €
A.V.V. O HÓRREO DE IÑÁS: 3.625,69 €
A.V.V. OS RUEIROS: 4.030,14 €
A.V.V. SAN ANTÓN: 4.972,82 €
A.V.V. SANTAIA: 4.386,45 €
A.V.V. SAN COSME: 3.794,12 €
CENTRO CULTURAL E INSTRUTIVO:837,50 €
S.C.R. AMIGOS DE LORBÉ:2.895,72 €
AGRUPACIÓN ARTÍSTICA SEMENTE NOVA:1.807,70 €
AGRUPACIÓN CULTURAL A MAROLA:3.175,39 €
AGRUPACION FOLCLÓRICA FOLLIÑAS:3.644,38 €
A.C. CORAL LEMBRANZAS SANTA CRUZ: 2.791,66 €
A.C. O AMANEXO:2.792,16 €
CORAL AIRIÑOS DE NOS 2.317,08 €
CORAL POLIFÓNICA DE MERA 1.673,47 €
ASOC. OCIO INCLUSIVO OLEIROS 2.223,69 €
CORO DE OLEIROS 1.894,77 €
COMISIÓN DE FESTAS DO MAR DE MERA 600,00 €
ASOCIACIÓN CULTURAL COFRADÍA DE SANTA ANA DE MERA 1.200,00 €

O Concello quere agradecer publicamente a todas as persoas que dedican o seu tempo e esforzo a traballar nas distintas entidades. O seu compromiso permite contribuír á construción dun modelo de convivencia único.

Deja un comentario