Saturday 21 de November de 2026

Sampedro destaca a “viveza e dinamismo” do Mugart na apertura da mostra Litogravado integrada por 39 artistas


 A exposición é o resultado dos obradoiros impartidos polos profesores José Fuentes e Antonio Navarro

A alcaldesa de Ribeira e presidenta da Fundación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, María Sampedro, xunto ao director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participaron hoxe na apertura da mostra Litogravado, no propio Mugart, ao abeiro da celebración do seu 25 aniversario.

Esta nova exposición é o resultado dos cursos impartidos polos profesores José Fuentes e Antonio Navarro a un total de 39 artistas para formalos na técnica do litogravado no obradoiro que acubilla a propia institución museística; un espazo que amplía a súa capacidade e incorpora un tórculo grande posibilitando desenvolver accións formativas de gravado mural.

No que respecta aos traballos que se exhiben, Sampedro destacou que “corrobora a existencia dun proxecto pedagóxico de vangarda e que esta institución segue consolidándose nun centro de referencia vivo, dinámico e acolledor para a creación artística contemporánea.”

Ao longo da súa traxectoria, no Mugart leváronse a cabo 18 cursos, correspondéndose tres deles con litogravado neste ano. Os froitos son unha serie de estampas cheas de cor a través de estratéxicas cromáticas baseadas no principio dos complementarios e na simbiose co augaforte e augatinta.

Deja un comentario