Saturday 21 de November de 2026

A paseo de Mero á espera dun cruce seguro na Telva


Alternativa volve a achegar ao goberno municipal a súa preocupación pola inseguridade viaria no paseo do Mero a seu cruce na AC-214 na zona da Telva, aproveitando as actuacións que se están a realizar na vía.

O peche da vía no tramo sinalado é unha oportunidade para solucionar unha das principais demandas de veciñanza e visitantes que empregan o trazado fluvial é ter que atravesar a estrada autonómica para continuar o percorrido polo Río Mero.

A situación xera unha continua circulación das persoas que disfrutan o paseo fluvial en bicicleta ou a pé cruzando pola estrada, sen que exista nin un paso de peóns, bandas redutoras de velocidade ou unha sinalización de precaución.
A pesar de esta demanda se trataba dun dos puntos prioritarios da moción presentada dende Alternativa fai un ano e aprobada por unaminidade, o executivo local parece non ter certeza sobre o asunto, pero confirmou que daría traslado á Xunta de Galicia.

“Este debe ser o único paseo fluvial de toda a comarca no que se trascorre cruzando unha vía autonómica de intenso tráfico, ao ser un dos accesos da Vila de Cambre.” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.

Deja un comentario