O Concello de Oleiros concedeu un total de 174.077,63 euros en subvencións ás entidades deportivas do municipio para o desenvolvemento das súas actividades durante este ano 2026. Estas achegas forman parte do compromiso municipal co fomento do deporte, o apoio ao asociacionismo e a promoción de hábitos de vida saudables.
Este apoio económico compleméntase coa posta á disposición gratuíta dos clubs dunha ampla rede de instalacións deportivas municipais, integrada por 54 equipamentos, que permiten desenvolver adestramentos, competicións e outras actividades ao longo de todo o ano.
As subvencións permiten ás entidades sufragar gastos de monitores e adestradores, licenzas federativas, arbitraxes, inscricións en competicións, desprazamentos, manutencións, aloxamentos, seguros e adquisición de material funxible. Ademais, algúns clubs beneficiáronse dunha segunda liña de axudas específica para a compra de equipamento deportivo.
SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS
CLUB BALONMANO ATLÁNTICO 8.000,00 €
SOCIEDADE CULTURAL E DEPORTIVA RABADEIRA 6.921,95 €
CLUB VOLEIBOL OLEIROS 9.014,26 €
CLUB DEPORTIVO PADDLE MERA 5.345,93 €
CLUB XIMNASIA OLEIROS RÍTMICA E ESTÉTICA 9.000,00 €
CLUB BALONCESTO OLEIROS 1.670,53 €
CLUB BALONCESTO MONTROVE 8.000,00 €
CLUB TENIS DE MESA BREOGAN OLEIROS 2.050,00 €
CLUBE CICLISTA FILLOS DO SEIXO 689,00 €
CLUB HOCKEY OLEIROS* 19.738,47 €
CLUB DE REGATAS DE PERILLO ** 31.475,48 €
SOLBOWLING OLEIROS 3.419,03 €
CLUB ACUATIC OLEIROS 7.158,25 €
CD MARIÑEIRO DE MERA* 9.303,89 €
GBL SPORT CLUB OLEIROS 2.479,81 €
JUDO CLUB OLEIROS* 3.896,20 €
A.D.CRISTO REY 5.596,90 €
CLUB ATLETICO PERILLO 2.185,50 €
CLUB ATLETICO SAN PEDRO 8.000,00 €
CLUB DE FUTBOL SANTA CRUZ 7.760,00 €
CLUB DEPORTIVO OBRERO DE OLEIROS 2.880,00 €
CLUB XUVENTUDE DE DORNEDA 1.511,25 €
HÉRCULES S.D.C. 1.567,50 €
MARINO DE MERA C.F. 7.134,50 €
MERCURIO DE IÑÁS S.D. 1.520,00 €
UNIÓN CAMPESTRE F.C. 7.760,00 €
SUBVENCIÓNS INDIVIDUAIS
Ademais das axudas destinadas aos clubs, o Concello resolveu tamén a convocatoria de subvencións individuais para deportistas de Oleiros que compiten a nivel internacional ou que acadaron medallas en competicións oficiais de ámbito estatal. Nesta liña repartíronse 12.000 euros entre un total de 18 deportistas, recoñecendo así o seu esforzo, dedicación e resultados deportivos.
O Concello continúa apostando polo deporte como unha ferramenta fundamental para a educación, a saúde, a integración e a convivencia, apoiando tanto o traballo diario dos clubs como o talento e a superación dos deportistas do municipio, poñendo especialmente o foco categorías base.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.