A veciñanza alertou de que padecen a presencia de malos olores e roedores.
Alternativa achegou a queixa, apoiando que a recollida unha vez á semana é insuficiente.
O executivo comprometeuse a trasladar o asunto ao Consorcio das Mariñas, entidade responsable da xestión do servizo.
Alternativa xa ten achegado diferentes propostas e demandas veciñas relacionadas coa xestión do lixo en parroquias rurais. É por iso que grupo insiste na necesidade de garantir unha prestación equilibrada dos servizos públicos nos diferentes lugares do municipio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.