Thursday 19 de November de 2026

A Biblioteca de Santa Cruz amplía o seu horario e abrirá de xeito ininterrompido de 9:00 a 20:00 horas


O Concello de Oleiros amplía o horario de apertura da Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz, que a partir de agora ofrecerá atención ao público de xeito ininterrompido, de luns a venres, entre as 9:00 e as 20:00 horas. Tamén abrirá en horario de mañá o primeiro e o terceiro sábado de cada mes.

Con esta ampliación, a biblioteca permanecerá aberta durante once horas continuadas ao día, facilitando o acceso ás instalacións e aos servizos bibliotecarios a todas as persoas usuarias, especialmente a aquelas que precisan compatibilizar os seus horarios laborais ou académicos co uso da biblioteca.

Esta medida responde ao compromiso do Concello de Oleiros de seguir mellorando os servizos públicos municipais e de favorecer o acceso á lectura, ao estudo e á cultura, ofrecendo espazos públicos de calidade á veciñanza.

Deja un comentario