O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron esta mañá a trixésimo terceira edición do Trofeo Cidade de Narón. A cita deportiva terá lugar este sábado, día 21, no complexo polideportivo municipal da Gándara a partir das 17:00 horas e no mesmo participarán algo máis de 150 deportistas. A entrada a esta convocatoria é de balde.
A convocatoria conta coa participación de sete clubs de natación, o CN Ferrol, o Club Marina, CN Ciudad de Santiago, CN Arteixo, CN Arteixo, Club del Mar da Coruña e a anfitrioa, a Agrupación Deportiva Náutico de Narón.
No marco desta cita deportiva tamén se disputará a vixésimo terceira edición do Memorial Javier Lago, no que se concederá un premio á mellor marca individual.
Dende o Náutico de Narón, en canto á participación, Guerrero destacou a presencia nesta cita de deportistas como Angie Hernández, Sergi Losada ou Nelson Andrés López, integrante do Club de Natación Ferrol; Marina
Carrasco, do Club Marina Ferrol; Sara Carreira do CN Coruña; Dani Meizoso e Tatiana Caneiro, en representación dos locais.
Santalla felicitou ao club local pola organización dunha nova edición deste trofeo e do memorial, destacando a elevada participación nos mesmos e, ao tempo, desexou moita sorte aos deportistas locais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.