Wednesday 18 de November de 2026

Duas mocións do BNG sobre melloras do SAF e a Protección da senda da Barra foron bloqueadas polo Goberno Municipal.


Ante a negativa de Partido Popular, Partido Galego e Adiante por Ponteceso, a formación nacionalista formulou como rogos ao Goberno Municipal os acordos previstos nestas mocións.

O BNG de Ponteceso presentou para este pleno dúas mocións, unha para mellorar as condicións das traballadoras do SAF e outra para evitar a pavimentación da senda da Barra.

Na primeira das mocións, os nacionalistas pedían que na nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar (que xa se está a tramitar tarde poir o servizo atópase fóra de contrato desde o 15 de outubro deste ano) se incorporen unha serie de melloras nas condicións das traballadoras, derivadas da necesaria actualización do seu convenio (caducado desde 2010, 16 anos)

Esta moción, adicionalmente, solicitaba maior control por parte do Goberno Municipal sobre a contrata para evitar abusos por “horas negativas” :Unha situación que “en ningún caso poden ser imputadas ás traballadoras, como recoñece o actual estatuto dos traballadores no seu artigo 30 sobre a imposibilidade da prestación. Este feito supón un claro abuso que non temos ningunha dúbida de que nunca se produciría nun sector non feminizado.”

Na segunda moción, á fin de evitar a pavimentación da senda da Barra que se está a tramitar e que desde a formación nacionalista consideran innecesaria, toda vez que o interese da zona reside no seu estado de conservación ao natural, e non precisa de realizar unha intervención de urbanización como a prevista, os nacionalistas pedían que o pleno instase ao Goberno Municipal entre outras cousas a desistir na tramitación e execución dos expedientes relacionados con esta intervención.

Na parte de rogos e preguntas, a maiores de formular como rogos os acordos das mocións rexeitadas, o BNG preguntou se haberá campaña de Nadal promovida polo Concelo para promocionar o comercio local, a resposta do alcalde foi que non hai partida prevista no orzamento municipal a día de hoxe, cousa que sorprende aos nacionalistas, toda vez que o alcalde anunciou no pleno de maio unha campaña de bonos para o comercio qu,e conforme dixo, tiña reserva de crédito pero que nunca se materializou.

O BNG tamén preguntou por dúas obras: o aparcamento da Igrexa de Cores e a pista de Gondomil (Corme Aldea), o alcalde confirmou que as dúas están sen rematar.

O BNG sinala a falta de talante, malos modos e faltas de respecto reiteradas do alcalde de Ponteceso contra a voceira nacionalista nos plenos.
Por último a portavoz do BNG preguntou de novo polos discos de estacionamento limitado, pois conforme o testemuño de veciños cando os pediron na Casa do Concello recibiron a resposta de que estaban esgotando e se pediron novos a imprenta, pero só días despois si se repartiron a outros veciños na propia Casa do Concello. Neste punto o alcalde perdeu os estribos, como xa fixo noutras ocasións, acusou a voceira do BNG de mentir e lle faltou ao respecto tentandoa facer calar cun “acabouse o debate, aquí mando eu”.

Deja un comentario