O Concello de Ribeira destina máis de 160.000 euros a esta infraestrutura
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, achegouse hoxe ata a praza do Centenario para comprobar o arranque da instalación do parque infantil por un importe de 160.119,30 euros, IVE incluído, a cargo da empresa Juegos Kompan, S.A.
Esta área recreativa para a rapazada está deseñada con elementos diferentes ao resto do núcleo urbano co obxectivo de ampliar a oferta de zonas de ocio. “Despois da adxudicación no mes de setembro, xa está en marcha unha actuación moi demandada pola cidadanía para que os máis pequenos da casa teñan outro lugar para divertirse na cidade; nun espazo moi próximo ao centro neurálxico”, indica a rexedora.
Os elementos a colocar son unha estrutura en forma de cúpula de onde se suspenden varios xogos de corda, capas de redes, escaleiras, pontes de corda, un tobogán, unha hamaca e tirantes; unha randeeira tipo péndulo; unha roda xiratoria; outra estrutura tipo sendeiro de parkour; outra randeeira con asento inclusivo e asento bebé; e unha cunca xiratoria. O período de execución das obras sitúase nos catro meses.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.