A comunidade educativa organizou esta actividade coa que colaborou o Concello
Cinco centros educativos de Ribeira afondaron máis na súa aprendizaxe en inglés coa función teatral Face and face coa colaboración do Concello de Ribeira.
Esta actividade desenvolveuse nesta mesma mañá no Auditorio municipal coa participación do CEIP Frións, CEIP O Grupo, CEIP Heroínas de Sálvora, CRP A Milagrosa e CPR Sagrado Corazón.
A concelleira de Educación, Nucha Brión, e a súa homóloga de Xuventude, Carmen Pérez, quixeron acompañar ao profesorado e alumnado nunha sesión que “pretende familiarizalos máis co inglés cun espectáculo teatral neste idioma para que as leccións non se limiten exclusivamente ás aulas e así acostumen tamén o oído sen cinguirse exclusivamente aos listening”, apunta Brión.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.