Wednesday 18 de November de 2026

Alternativa dos Veciños celebra asembleas abertas nos barrios da Coruña


O proximo encontro será mañá xoves 19 de novembro ás 19 horas no Centro Cívico de Novo Mesoiro.

 

Os encontros continuarán por toda a cidade e as convocatorias serán publicadas a través da web e as redes sociais.

As asembleas están abertas a calquera persoa que queira achegar unha proposta, trasladar un problema do seu barrio ou simplemente escoitar e participar na conversa. A intención é que sexan os propios veciños e veciñas quen poña sobre a mesa os asuntos que lles afectan no día a día.

Esta iniciativa complementa as reunións que se están a manter co tecido asociativo municipal. Xa que o obxectivo da formación e manter un contacto máis directo coa veciñanza para coñecer de primeira man as necesidades de cada zona. “ Trátase de compartir o que ocorre nos barrios, falar das posibles solucións e dar espazo ás achegas das persoas que viven neles.” Matizan dende o grupo.

Para coñecer as próximas convocatorias as persoas interesadas poderán consultar a páxina web www.alternativadosvecinos.org/coruna ou o perfil de Instagram @av.coruna.

Deja un comentario