Tuesday 17 de November de 2026

Estudantado ribeirense afondou no mundo literario de Begoña Caamaño co espectáculo Chaves invisibles


 Cada aula dos dous centros participantes levou consigo un exemplar de Bego e o mundo do revés

Un cento de alumnos e alumnas do CEIP O Grupo e do CPR Galaxia participou no espectáculo que se desenvolveu nesta maña na sala polivalente do Auditorio municipal de Ribeira da man de Vero Rilo e Luís Iglesias con Chaves invisibles, que pon o foco na escritora e xornalista Begoña Caamaño, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2026, mediante a narración oral e a música en directo.

A concelleira de Educación, Nucha Brión, acompañou ao profesorado e estudantado nesta nova proposta de dinamización do uso da lingua galega. “Esta actividade ten unha vertente pedagóxica ao afondar no universo literario e na figura da autora homenaxeada neste ano, complementando así o impartido nas aulas mediante unha acción lúdica na que houbo tempo para cantar e abrir a porta a outros mundos a través das chaves invisibles que nos outorgan os libros.

Deste xeito, a nosa rapazada continúa aprendendo de maneira máis distendida e incúlcase neles o hábito lector”, tal e como explica a edil.

Cada aula participante levou consigo un exemplar da obra Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo, no cal se basea dito espectáculo.

Deja un comentario