Dende hoxe poden solicitarse as axudas convocadas polo Concello de Neda para apoiar aos deportistas individuais do municipio, que compitan en probas de categoría autonómica, nacional ou internacional. A subvención busca facilitar que poidan reforzar o seu desenvolvemento deportivo e profesional.
Segundo a convocatoria, poderán optar a este apoio económico os deportistas empadroados en Neda, cunha antigüidade mínima de dos anos consecutivos, que participen en competición organizadas ou recoñecidas polas respectivas federacións, e que teñan relevancia a nivel galego, español ou internacional. En todo caso, deberán acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, no ano anterior ao da solicitude.
As persoas que queiran acceder ás axudas, que poderán ter unha contía máxima de 800 euros, disporán ata o 7 de decembro para presentar por vía telemática a correspondente solicitude e documentación.
O reparto dos fondos (5.000 euros) virá decidido polo proxecto deportivo que se vaia desenvolver na presente tempada; os resultados obtidos nas dúas tempadas anteriores á da solicitude en competición oficial; a implantación e importancia da modalidade deportiva a nivel nacional; e da achega económica para o desenvolvemento do proxecto competición. Teranse ademais en conta méritos como o recoñecemento como deportista de alto nivel, convocatoria para a selección galega, nacional…




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.