Neda despide este venres o ciclo cultural Tempo para o teatro E faino con “Sophie non é o meu nome de guerra”, unha historia baseada en feitos reais que narra a dura viaxe dunha muller entre Camerún natal e A Coruña. A través da súa experiencia, aborda cuestións como o exilio, as políticas migratorias europeas, e a trata de mulleres con fins de explotación sexual. A proposta, prevista para ás 20:30 horas, na Casa da Cultura, marca o punto de partida da programación municipal do 25 N.
O Concello activa este martes na biblioteca municipal a venda de entradas (2 euros) para este espectáculo de teatro contemporáneo, dirixido por Laura Míguez e interpretado por Camille Hedouin e Alixa Ladson. A montaxe adapta o obra de Roberto Pascual, gañadora do Premio Rafael Dieste 2021 de textos teatrais..
O obxectivo principal do espectáculo, no co que o público acompañará á protagonista na súa travesía vital e no mapa, é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e por ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fines de explotación sexual.
A obra de Redrum teatro, que chega á vila da man da Rede Cultural da Deputación da Coruña, combina teatro textual, recursos audiovisuais e elementos poéticos. E marca o inicio da programación especial do Concello de Neda con motivo Día internacional pola eliminación da violencia cara ás mulleres.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.