O investimento achégase aos 24.000 euros
Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na calzada e a protección dos usuarios máis vulnerables da vía pública, Ribeira contará con 10 novos radares pedagóxicos despois de que o Concello adxudicase o contrato de subministro a Proyectos Integrales de Balizamiento, S.L. por importe de 23.737,26 euros, IVE incluído.
Estes radares pedagóxicos son de carácter informativo e preventivo que amosan en tempo real a velocidade á que circulan os vehículos, favorecendo a autorregulación do comportamento dos condutores sen finalidade sancionadora. A súa eficacia xa se evidenciou nos colocados na avenida da Coruña.
A maiores, ao ser equipamentos alimentados co sol, trátase dunha medida que segue os principios da eficiencia enerxética, a sustentabilidade ambiental e a redución dos custes de explotación. O prazo para o subministro dos mesmos será de catro semanas unha vez formalizado o contrato e, posteriormente, será o Concello quen se encargue da súa colocación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.