A asociación de familias do alumnado do Conservatorio municipal levan varios cursos reclamando distintas problemáticas sobre o profesorado, instalacións e subvencións.
Alternativa levará as demandas ao vindeiro pleno para esixir respostas concretas e un calendario tanto para a execución das obras e a cobertura dumha praza vacante como para a resolución das subvencións.
Dende o ANPA lamentan que, a pesar das diferentes reunións mantidas co goberno municipal, non se están a executar solucións tras levar varios cursos reclamando.
Un dos principais problemas é a xestión do persoal, que afecta directamente no proceso de ensinanza do alumnado. Actualmente levan dende inicio de curso sen cubrir unha praza a media xornada. Ademáis dende a ANPA insisten que parte do alumnado non conta coas horas de docencia que lle corresponden debido xornadas parciais de parte do profesoradoe demandan xornada completa para todo o claustro.
Por outro bando queixanse de que as obras comprometidas polo goberno municipal para solucionar as filtracións da instalación, así como as humidades continúan sen executar. Que afecta ás condicións de uso do edificio, xa que “chove” no interior.
E reclaman que as subvencións para as ANPAS dos anos 2023 e 2024 están pendentes de resolver e as do 2025 e 2026 directamente non foron convocadas.
Dende Alternativa sinalan que “ Algo ten que cambiar, o alumnado non pode seguir pagando os problemas de planificación e xestión municipal. Non se trata de incidencias puntuais, senón dunha acumulación de necesidades sen resolver e compromisos do goberno local que non se materializan.” Sinalan dende a formación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.