Monday 16 de November de 2026

Cambre segue á espera das obras comprometidas nos seus centros educativos


Tras o anuncio de 1,3 millóns de euros para o CEIP Wenceslao Fernández Florez, Alternativa lembra que continúan pendentes obras noutros centros educativos.

A formación demandou ao goberno local que reclame oficialmente á Xunta a execución das obras que se ían realizar durante os meses do pasado verán.

Alternativa tamén insiste en que nos orzamentos do vindeiro ano sexan incluídas as partidas correspondentes para realizar estas intervencións xa anunciadas, pero que se inclúan outras tan necesarias como pode ser o comedor do CEIP Emilio González López ou os accesos do Gonzalo Torrente Ballester.

Destacaron que a verdadeira vía de coordinación e presión institucional sería a través do Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC), o cal continúa sen convocarse a pesar do compromiso do executivo.

O goberno municipal comprometeuse a facer a reclamación oficial, e tamén confirmou a próxima convocatoria do CEMC.

“Temos que insistir porque a Xunta, un ano máis, non cumpriu. Dende Alternativa continuaremos a reiterarnos nos asuntos ata que sexan solventadas as deficiencias dos centros.” matizan dende Alternativa.

Deja un comentario