• O 70% do alumnado formado por Ambar acada proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira.
• A resolución oficial do proceso selectivo publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 211) do 4 de novembro de 2026.
Ca recente publicación da RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 211), confirmáronse os excelentes resultados obtidos no proceso selectivo reservado para persoas con diversidade intelectual na agrupación profesional (AP) nas especialidades de limpeza e cociña. Un total de 5 das 7 persoas que prepararon este proceso selectivo a través do programa de formación de Ambar e foron propostas para o seu nomeamento oficial como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia.
As persoas que alcanzaron este importante logro profesional son:
1. Raquel Hernández Noya
2. Vanesa Villar Sardiña
3. Fernando Carvalho Lisboa
4. Ricardo Rama González
5. María Elena Oujo Sampedro
Este resultado pon de manifesto o esforzo, a dedicación e o talento dos opositores e opositoras, así como a eficacia dos programas de preparación adaptados que promoven a inclusión laboral efectiva.
A partir da data de publicación da resolución, as persoas propostas dispoñen dun prazo de 20 días hábiles para presentar a documentación requirida e formalizar así o seu nomeamento como persoal funcionario da Xunta de Galicia.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.