O Concello de Oleiros convoca a contratación de dúas prazas de persoal para o Centro Multiusos de Bastiagueiro, unha de técnico/a de mantemento (subgrupo C1) e outra de operario/a de mantemento-conserxe (subgrupo C2). Ambas as prazas cubriranse mediante oposición libre, como persoal funcionario interino a xornada completa, no marco do programa de posta en marcha do novo equipamento municipal.
As persoas interesadas dispoñen desde o vindeiro luns 16 ata o 27 de novembro para presentar as solicitudes. As bases completas, os requisitos e a documentación necesaria poden consultarse na páxina web do Concello, no apartado de Recursos Humanos.
BASES: https://www.oleiros.org/recursos-humanos


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.