Alternativa dos Veciños considera necesario coñecer a situación actual do protocolo municipial e as garantías existentes para o persoal municipal tras a recente sentenza xudicial.
A sentenza recoñece que a Secretaría e a Interventora municipal sufriron acoso laboral durante o anterior goberno municipal e condena ao Concello de Cambre a pagar 20.000 euros pola ausencia dun servizo de prevención e evaluación de riscos cun protocolo de prevención de acoso laboral.
A falta de mecanismos para previr e actuar fronte a situacións de acoso durante o goberno de Unión por Cambre ten agora consecuencias directas para as arcas municipais.
Ante esta situación, Alternativa indagará cales son as medidas implantadas actualmente no Concello para previr e actuar ante posibles casos de acoso laboral. Asimesmo, solicitará ao goberno municipal información sobre a existencia e vixencia deste protocolo específico.
“Resulta irónico que, pola prescrición, quen gobernaba daquela non terá que responder individualmente por estes feitos, pero é o Concello, con cartos de todos, quen ten que asumir consecuencias. Isto non se pode repetir!” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.
Raúl Varela matiza que “da impresión de que aquel persoal alleo ás directrices de UxC sufriu situacións de hostigamento,” xa que este non é un caso aillado, porque tamén no 2021, tras un proceso no que o arquitecto municipal tamén expuxera ter sufrido unha situación de acoso laboral, o Concello tivo que acatar un fallo xudicial pola supresión da praza do xefe de planeamento urbanísnico, neste caso o xuíz apreciou “desviación de poder”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.