As familias do Conservatorio reclaman máis axilidade nas substitucións do persoal docente.
Dende o ANPA insisten que a situación se repite cada curso escolar afectando directamente ao proceso académico do alumnado.
Actualmente o centro educativo ten a súa problemática por unha reducción de xornada que non se está a cubrir. A Anpa critica que hai unha falta de previsión por parte do Concello para a cobertura das praza e sinalan que o proceso de chamamento nas listaxes de substitución non funciona con dilixencia.
Alternativa dos Veciños estudará a posibilidad de levar o asunto no vindeiro pleno municipal para reinvindicar ás solicitudes do ANPA e poder poñer solucións ás súas demandas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.