Thursday 12 de November de 2026

O BNG de Teo denuncia a falta de xestión do grupo municipal do PP ante novas deficiencias estruturais no Centro de Saúde de Os Tilos.


O grupo municipal do BNG de Teo critica unha vez máis a pasividade do Goberno municipal do PP e da Consellaría de Sanidade ante o que cualificou de “deplorábel estado “ dos centros de saúde do Concello. Denuncia, en concreto, que esta semana pacientes e profesionais padecen molestias, ruídos e sucidade provocados polas reparacións de urxencia a causa dun conxunto de baldosas do chan que saíron do seu sitio no Centro de Saúde dos Tilos.

O BNG de Teo tivo coñecemento por parte de persoas afectadas de que o pasado venres día 6 de novembro, no Centro de Saúde de Os Tilos, baldosas de varias das consultas asistencias rompían espontaneamente, obrigando a executar reparacións inmediatas mesmo en horas de consulta. “É difícil de crer que estea pasando un feito así, que as baldosas saían do seu sitio polo lamentábel estado das instalacións e que se repare mentres os profesionais atenden ás persoas que van a consulta”, sinala o portavoz municipal do BNG, Eloi Devesa.

Manifesta Devesa que a falta de xestión e pasividade do goberno municipal do PP e tamén da Consellaría de Sanidade queda á vista na imposibilidade de buscar solucións máis aptas para un centro de saúde. Sinala o portavoz nacionalista que é realmente inadmisíbel que se procedese a picar todo o solo das consultas, entrementres se mantiña a actividade asistencial, con riscos para as persoas usuarias incluídas crianzas e para ás persoas traballadoras que ven dificultada o desempeño das súas funcións.

O BNG de Teo insta ao goberno municipal a que faga unha valoración técnica do inmoble e tome as medidas necesarias para corrixir as deficiencias estruturais sen poñer en perigo as persoas traballadoras e usuarias do Centro de Saúde de Os Tilos. Anima á alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, a que faga valer os dereitos das veciñas e veciños diante da Consellaría de Sanidade e esixa un servizos públicos de calidade, que son xa unha demanda histórica polo tempo que a Xunta está a tardar en darlle solución.

Deja un comentario