Wednesday 11 de November de 2026

Culleredo precisa pasar dos acordos plenarios á conservación do seu patrimonio


O pleno aprobou unha iniciativa para a conservación e protección de fontes e lavadoiros.

 

Alternativa incidiu nas múltiples queixas veciñais achegadas durante os plenos de distintas zonas tanto no rural como no urbano denunciando exactamente o mesmo: os insuficientes traballos de conservación.

A pesar de ser competencia municipal o grupo de goberno non está a apostar por reforzar os traballos de conservación e limpeza necesarios e outras medidas para dignificar e protexer este patrimonio. Dandose casos como en Castro Laxe na que a propia veciñanza se organiza para evitar que a maleza ou a lama fagan desaparecer estos espazos.
O compromiso de Alternativa co patrimonio motivou un claro voto a favor da moción do PP. “Non vimos aquí a sumarnos a unha causa allea; vimos a reiterar o que levamos meses e anos trasladando a este Pleno a través de rogos e preguntas chegados desde practicamente todas as nosas parroquias á petición da veciñanza”, confirmaba Miguel Fraga.
Sinalando tamén que “Agardamos, iso si, que estes acordos non queden gardados nun caixón e se convertan canto antes en traballos reais e visibles sobre o terreo .”

Deja un comentario