Wednesday 11 de November de 2026

O BNG de Compostela apoia a Folga Xeral do vindeiro mércores 11 de novembro


O BNG confirma o seu apoio á Folga Xeral do vindeiro mércores 11 de novembro, pola súa importancia de cara á defensa dos dereitos da cidadanía. Desde o BNG defendemos unha economía ao servizo das persoas, non das grandes empresas. Temos dereito a unha vida digna cunha vivenda digna e un salario digno. Para logralo cómpre saír á rúa porque sen organización e a loita colectiva, nunca se lograron conquistas sociais.
Que reivindicamos? Uns salarios e unhas pensións dignas, dereito á vivenda, prezos xustos nos bens básicos, emprego estábel e dereitos laborais, uns servizos públicos fortes, en sanidade, educación, dependencia… e un maior investimento social fronte á escalada militarista que o sistema está a promover. Menos privilexios para o capital e máis dereitos para a maioría social, en resumo. Por iso chamamos a toda a clase traballadora a sumarse o mércores 11 de novembro á Folga Xeral e a participar na manifestación que convoca a CIG ás 12h na praza Vermella.

Deja un comentario