O Goberno municipal condena a agresión acontecida no IES Neira Vilas e expresa o seu apoio absoluto ao director do instituto. É absolutamente intolerable que se produzan episodios deste tipo contra profesionais que están a exercer as súas responsabilidades na educación.
“O noso apoio ao director é total. É unha persoa cunha traxectoria exemplar, que merece toda a nosa solidariedade”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. “Por parte dalgunhas organizacións políticas como VOX estase a normalizar e fomentar a agresividade, creando un clima de crispación permanente que por desgraza se está a trasladar á sociedade”, comentou.
O Concello de Oleiros reitera o seu respaldo ao director do IES Neira Vilas e a todo o colectivo educativo do municipio, e reclama respecto polo profesorado, polos centros de ensino e polas persoas que dedican o seu traballo a prestar servizos públicos á cidadanía.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.