O inicio das obras de pavimentación de diferentes vías do Polígono coíncide co avance da candidatura do parque empresarial a o selo de excelencia para Polígonos Empresariales.
O goberno municipal continúa a traballar na mellora das súas infraestruturas coa execución do asfaltado do Polígono Industrial.
Cun orzamento total de case 184 mil euros cofinanciado coa Xunta de Galicia, o Concello de Bergondo inicia esta actuación que permitirá a mellora do acceso situando entre a estrada AC-164 e a rúa Parroquia de Moruxo, así como na rúa Parroquia de Rois. A súa execución permitirá un maior acondicionamento dos espazos de circulación e acceso ás empresas.
Paralelamente o Polígono Industrial de Bergondo opta á certificación que distingue aqueles parques industriais que destacan nunha auditoría técnica de 10 áreas clave, que inclúen dende a limpeza, ata a seguridade ou infraestruturas. Esta candidatura foi promovida dende a Comunidade de Propietarios do Polígono.
Alternativa dos Veciños celebra e apoia a candidatura para esta distinción e, continuará, dende o goberno impulsando o desenvolvemento desta área que desempeña un papel relevante na actividade económica do municipio e a súa contorna.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.