Oscar Roca, próximo candidato á alcaldía de A Coruña e membros do grupo de Alternativa na cidade, puxeron en marcha unha ronda de encontros coas entidades veciñais.
O obxectivo é coñecer de primeira mán as necesidades, demandas e propostas de cada barrio para articular con elas un proxecto municipal que reflexe a realidade da cidade.
A formación extende unha invitación aberta a todas as asociacións que desexen trasladar as súas reivindicacións e coñecer o proxecto de Alternativa. Para esto o grupo pon a disposición o correo electrónico: coruna@alternativadosvecinos.org , tamén aberto para colectivos e cidadanía en xeral.
«Ninguén coñece mellor os problemas dos barrios que as personas que viven nel. O noso compromiso é escoitar antes de propoñer e seguir escoitando despois.” manifestou Óscar Roca.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.