Friday 06 de November de 2026

O Concello organiza rutas interpretativas gratuítas polo Monumento Natural Dexo-Serantes durante o mes de novembro


As rutas guiadas interpretativas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes comezan o domingo 15 de novembro.

As persoas interesadas poderán descubrir a Costa de Dexo-Serantes da man de Alba, bióloga e guía de Interpretación e Patrimonio. Estas rutas son unha oportunidade para coñecer e poñer en valor a natureza e o patrimonio cultural deste espazo natural, descubrindo a súa xeoloxía, flora, fauna e paisaxe.

Nesta edición realizarase exclusivamente a ruta Seixo Branco-Furnas, unha ruta de dificultade baixa de 2,5 km e de horas de duración aproximadamente, recomendada para persoas maiores de 7 anos.

As rutas celebraranse os días 15, 21 e 29 de novembro en horario de mañá (10:00 horas).

A inscrición realizarase a través dun formulario en liña no seguinte enlace: bit.ly/4BSge4C

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Deja un comentario