• A portavoz popular celebra o investimento e lembra que levan case dous anos trasladando á consellería as dificultades de mozas e familias de Culleredo para acceder a unha vivenda alcanzable
• O PP reclama a Rioboo que concrete que parcelas municipais están dispoñibles e que xestións realizou para impulsar máis vivenda protexida
• Izaskun García: “Como alcaldesa, impulsarei a tramitación do PXOM e a procura de chan. Quero que o Concello chegue #á Xunta con parcelas e propostas concretas para construír máis”
A portavoz do PP de Culleredo, Izaskun García, acompañou hoxe á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na súa visita á parcela autonómica da rúa Alcalde Domingo Sierra, en Vilaboa, tras a licitación das obras para construír 17 vivendas de promoción pública por 3,5 millóns de euros. Na visita tamén participaron concelleiros do grupo municipal e veciños.
García destacou que este investimento supón un avance para o municipio. “Detrás da necesidade de vivenda hai mozas que queren independizarse e familias que non atopan un fogar que poidan pagar. Estas 17 vivendas son unha boa noticia para Culleredo e queremos que teñan continuidade con novas promocións”, afirmou.
Os populares lembran que levan case dous anos trasladando esta preocupación #á Xunta. En febreiro de 2025 organizaron en Ou Burgo un encontro sobre axudas á compra e ao alugueiro, coa participación da conselleira, no que mozos e familias puideron expor as súas dificultades e coñecer os apoios dispoñibles. “Levamos á consellería as necesidades que nos trasladan os veciños e seguiremos facéndoo. Hoxe agradecemos #á Xunta este investimento e o seu compromiso con Culleredo. O seguinte paso é traballar para que poida construírse aquí máis vivenda pública”, sinalou García.
A portavoz popular subliñou que esta promoción desenvolverase sobre unha parcela de titularidade autonómica e reclamou ao goberno municipal que facilite chan para novas actuacións. Nese sentido, advertiu que a falta de avances no PXOM limita a capacidade do municipio para planificar novos desenvolvementos e facilitar chan destinado a vivenda protexida. “Rioboo debe explicar que parcelas municipais están dispoñibles, que xestións realizou para obter máis chan e que propostas concretas presentou para impulsar vivenda pública. O Concello ten que asumir a súa responsabilidade: planificar, facilitar chan e colaborar con outras administracións”, indicou.
García defendeu unha política municipal de vivenda que combine o impulso ao plan coa procura de oportunidades para novas promocións. «Como alcaldesa, activarei a tramitación do PXOM e a procura de chan para vivenda pública. Quero que o Concello chegue #á Xunta con parcelas e propostas concretas para construír máis. Estas 17 vivendas son unha boa noticia, pero o noso traballo é conseguir que teñan continuidade», asegurou.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.