Thursday 05 de November de 2026

O Concello de Ribeira vai desenvolver o Programa Integrado de Emprego por cuarto ano consecutivo


 Esta ferramenta de empregabilidade estará novamente orientada a un cento de persoas desempregadas

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aprobou unha nova edición do Programa Integrado de Emprego co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego, mediante accións de orientación, formación e intermediación laboral.

Este programa subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas domServizo Público de Emprego Estatal (SEPE) vai dirixida a un total de 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e O Porto do Son, ao longo de doce meses (de outubro de 2026 a outubro de 2027), cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Todas as accións realizadas polas persoas participantes obterán una beca de 10 euros por día de asistencia tanto para presenciais como en liña.

Destacar que o programa ofrecerá medidas de conciliación para favorecer a asistencia segundo as necesidades como adaptación de horarios e medios: combinarase a orientación presencial coa telefónica e intentarase adecuar o horario ás necesidades das persoas participantes. A formación realizarase preferentemente en horario de mañá (a poder ser coincidindo co horario escolar) e preferentemente en períodos lectivos escolares.

Público perceptor desta medida

As persoas teñen que pertencer a algún destos grupos de persoas desempregadas: persoas con discapacidade; mulleres; persoas desempregadas de longa duración; migrantes; mulleres vítimas de violencia de xénero; maiores de 52 anos; menores de 30 anos; perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego; ou persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.
Todas elas deberán estar inscritas como demandantes de emprego.

Accións incluídas no Programa Integrado de Emprego

Este programa impartirase no Viveiro de Empresas seguindo unha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades das persoas e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a redución da fenda dixital, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego.

As especialidades a impartir son aplicacións de fundamentos básicos de cociña; limpeza e hixienización; seguridade informática e firma dixital; venda en peixaría, frotaría e carnicería e chacinaría; ofimática; organización de almacén; uso de recursos dixitais no ámbito laboral; manexo de carretillas elevadoras; caixa e reposición; ou manipulación de alimentos, entre outros.

Tamén se ensinarán a escoita activa, empatía e asertividade; dereitos e deberes laborais; habilidades sociais; técnicas de busca de emprego; igualdade entre mulleres e homes, conciliación e corresponsabilidade familiar e doméstica; e prevención de riscos laborais. Para máis información enviar mensaxe ou chamar ao número 669 150 809.

Deja un comentario