O Concello investirá 368.000 euros na renovación da cuberta do Pavillón Valle-Inclán, en Perillo. Tamén se substituirá por completo a actual instalación eléctrica da instalación e posteriormente, con cargo a outra obra, instalaranse placas solares para economizar o consumo enerxético do edificio.
Con esta actuación renovarase a cuberta de panel sándwich e o lucernario do polideportivo que presenta goteiras e problema xerais de condensación. Ademais cambiaranse as baixantes, canalóns, así como os equipos de ventilación estática situados na cuberta.
O inicio das obras está previsto para as primeiras semanas do 2027.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.