Thursday 05 de November de 2026

O Concello inicia a renovación das casetas de salvamento e socorrismo das praias


As praias de Bastiagueiro e Santa Cristina disporán novas casetas dedicadas as tarefas propias do equipo de salvamento e socorrismo que coida das praias oleirenses.

O Concello de Oleiros presta durante a tempada de praias o servizo de socorrismo e salvamento nos principais areais do termo municipal. Para o correcto desenvolvemento deste servizo resulta necesario dispoñer de instalacións axeitadas que permitan realizar as funcións de atención sanitaria inicial, vixilancia, coordinación, descanso e apoio do persoal, así como albergar o equipamento imprescindible para a prestación do servizo en condicións adecuadas de seguridade, salubridade e funcionalidade.

A localización das casetas nun ambiente litoral especialmente agresivo condiciona de forma decisiva a elección dos materiais, os tratamentos anticorrosivos, os sistemas de fixación, as carpinterías e os acabados. Por este motivo, a documentación técnica establece prestacións reforzadas de durabilidade, resistencia á corrosión, facilidade de mantemento, comportamento fronte á humidade e aptitude para o uso público intensivo.

O importe de licitación é de 88.801,94 € por caseta, IVE incluído; isto fai un total para ambas casetas de 177.603,88€.

Deja un comentario