Thursday 05 de November de 2026

1,2 millóns de euros para finalizar a total renovación da rede de auga en Montrove


Dentro da política de renovación e mellora constante da rede municipal de abastecemento de auga, no mes de xaneiro comezarán as obras da segunda fase de renovación da rede da auga na zona de Montrove, entre Lamastelle e Perillo. Esta actuación, completa a xa realizada o pasado ano, para instalar tubaxes totalmente novas na rede de auga xeral da localidade de Montrove.

O Concello de Oleiros conta cunha ampla rede de abastecemento de auga dotada de 432 km e dotada con 11 depósitos, que se atopan en constante proceso de mellora, destinando todos os anos importantes recursos económicos á súa renovación. Nas obras das tuberías vanse priorizando aqueles tramos nos que se producen máis roturas, normalmente os de maior antigüidade.

Deja un comentario