Alternativa acadou o compromiso do goberno municipal para reforzar a información e orientación ás entidades municipais sobre as distintas convocatorias de subvencións da Deputación da Coruña e outras Administracións.
A falta de axudas económicas municipais continúa a frear ao tecido asociativo, pero Alternativa suxiren buscar outras vías para o seu impulso.
Dende Alternativa consideran que a medida proposta sería un piar de apoio importante para as entidades. E recordan os grandes esforzos das entidades para ofrecer á veciñanza actividades socioculturais e deportivas que o Concello non está a realizar.
“Consideramos que dende o Concello se debería reforzar o traballo e brindar colaboracións a través de outros medios. A situación económica e administrativa municipal é a que é, pero non debe servir de excusa para todo. ” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.
O grupo, ademáis, ofrece información sobre algunhas das convocatorias actuais a través da súa páxina web www.alternativadosvecinos.org




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.