O Concello vén de iniciar a venda as entradas para o espectáculo
O ciclo cultural Tempo para o Teatro achega este venres a Neda a obra “Oh, mammi blue”, un monólogo tráxico, cargado de humor, que comeza nas primeiras horas dun parto coa sensación de que algo vai saír mal. O Concello acaba de activar a venda de entradas para a obra na biblioteca municipal.
Protagonizada pola actriz Helena Varela, e con guión e dirección de Noemí Rodríguez, a peza ofrece “a través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia”.
A obra, que poderá desfrutarse a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura, parte presenta unha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata a fin e, como apuntan conta “cun desenlace inesperado que cambiará a súa vida e a dos que a rodean para sempre”. “Oh mammi blue” aborda tabús e reflicte “as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade”.
As entradas para o espectáculo da compañía Cinema Sticado, que chega á vila da man da Rede cultural da Deputación da Coruña e vai dirixido a dirixido a maiores de 16 anos, saen á venda ao prezo de 2 euros.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.