Un semáforo regulará o tráfico no lugar do Carballal
O Concello de Ribeira informa de que, durante a duración da nova fase de humanización na AC-305 ao seu paso por Palmeira que obriga ao corte do tráfico dende a contorna do cemiterio municipal ata o lugar da Ponte, unicamente estarán operativas as seguintes paradas de autobús:
– No sentido Ribeira-A Pobra: avenida da Paz/Figueirido, contorna do colexio de Palmeira, Norte e Esteirón.
– No sentido A Pobra-Ribeira: Esteirón, Norte, contorna do colexio de Palmeira e cruce entre o lugar de Sampedro e antiga Hesta Kurva.
As persoas usuarias do transporte público que se despracen a Santiago terán que empregar as paradas centrais de Ribeira ou A Pobra.
Ademais, no lugar do Carballal que é unha das zonas polas que se desviará o tráfico, haberá un tramo de 400 metros regulado por semáforos.
Estas son unha serie de medidas que estarán vixentes durante a duración destas obras que está previsto que finalicen na segunda quincena deste mes de novembro.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.