Monday 02 de November de 2026

O escritor Farruco Graña regresa ao seu Carballo natal para presentar “Eu voun navegar”


O escritor carballés Farruco Graña regresa á súa vila natal para presentar Eu voun navegar (Relatos dunha noite de verán), unha obra ilustrada por Mon Lendoiro na que a memoria, a paisaxe e a cultura galega acompañan unha viaxe pola vida e polas emocións. O encontro celebrarase este xoves 5 de novembro, ás 20.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, coa participación do historiador Xan Fraga.

Organizada pola Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, a presentación permitirá coñecer de primeira man un libro que percorre, a través de diferentes personaxes, lugares como Carballo, o Courel, Ribadeo ou a comarca eonaviega. A literatura e os seus autores forman parte desa travesía, con referencias a figuras como Uxío Novoneyra, Manuel María ou Suso Peña.

Nado en Carballo en 1966 e establecido en Ribadeo, Farruco Graña desenvolve unha traxectoria que combina a docencia da Filosofía, a creación literaria e a colaboración na prensa. Publicou O bosque de Nadgor (2007), O soño de Xoán (2015) e Badaladas de Anllóns (2017), e participou en diversas obras colectivas, entre elas Follas de Carballo.

A presentación deste xoves ofrece unha nova oportunidade para reencontrarse co autor e coa súa obra.

Deja un comentario