Monday 02 de November de 2026

Senda das Ánimas Neda


Preto de medio milleiro de persoas, a maioría nenos e nenas, percorreron esta tardiña a Senda das Ánimas de Neda. Fixérono en máis de 20 quendas que, dende as 19 horas, foron sucedéndose pola rúa Real. Foi sen dúbida un percorrido terrorífico repleto de probas a superar ou sortear a modo de xincana. Deste xeito, o Concello de Neda volvía apostar por unha proposta que concita o máximo interese da cidadanía edición tras edición, converténdose xa nunha cita consolidada e multitudinaria. Ademais, ao remate da senda, a veciñanza puido achegarse ata a Casa das Palmeiras para celebrar tamén o Magosto, no que o Concello repartiu boliños preñados e castañas e habilitou un espazo con animación musical.

Deja un comentario