Monday 02 de November de 2026

Desbloqueada a contratación das obras da senda costeira entre Naval e Canide


Case un ano despois da solicitude presentada polo Concello, a Xunta acaba de autorizar o proxecto para a construción da senda litoral entre Naval e Canide. O Concello vai tramitar de inmediato a contratación da obra por importe de 1,4 millóns.

De actuar con maior dilixencia, a obra podería estar xa rematada para o seu uso por parte da cidadanía. Existen indicios claros de que a demora na emisión do informe por parte da Xunta foi intencionada, co obxectivo de boicotear unha vez máis ao Goberno municipal de Oleiros por cuestións partidistas.

O Concello remitiu o informe á Xunta de Galicia en decembro de 2025. Previamente xa se fixeran tamén as correspondentes expropiacións, para os 2,5 km de percorrido: 29.631 metros cadrados pertencentes a 61 parcelas, todas en solo rústico, polas que o Concello pagou 270.000 euros.

Esta obra, xunto coas recentemente finalizadas do paseo Pepe Mujica, permitirá conectar por sendas e paseos costeiros todo o litoral de Oleiros.

Deja un comentario