Alternativa trasladou ao goberno municipal que non funcionan as fontes en dous dos parques infantís do Temple.
Non se trata dunha novidade no parque Ramón Barba, pero si no Francisco Rodríguez xa que acaba de abrir ao público despoís da súa renovación.
Concretamente Alternativa remarcou nas pasadas Comisións Informativas o inaudito de que non funcione a fonte no Francisco Rodríguez, tras rematar unha renovación integral hai escasas semanas. Ao que o goberno local anunciou que a situación está en trámite de resolverse despoís de ter contactado cos técnicos pertinentes.
“A fiscalización das obras continúa ser unha tarefa pendente en Cambre, non pode ser que sexa a propia veciñanza ou grupos de oposición os que detecten as incidencias dun final de obra.” sinala o portavoz do grupo, Raúl Varela.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.