Unicamente se manteñen as accións culturais no Auditorio, onde se fará minuto de silencio antes das sesións
O Concello de Ribeira informa de que, con motivo do decreto de loito oficial polo accidente ferroviario de Urda, se suspende a actividade festiva de Samaín como mostra de respecto; unha serie de actividades que cambian de data. Neste senso, unicamente se manteñen as accións de carácter cultural no Auditorio municipal, onde se gardará un minuto de silencio antes do inicio de cada unha das sesións: a función teatral Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, no venres, 30 de outubro, ás 21.15 horas; e o espectáculo infantil A Casa Encantada, a cargo do Mago Paco, no sábado, 31 de outubro, ás 19.00 horas.
No que respecta á programación especial de Samaín, cancélase a festa con Luzeta e DJ Enter que estaba prevista para a noite do sábado 31. En canto ao resto de propostas, cámbiase a data, quedando a axenda da seguinte maneira:
Domingo, 1 de novembro:
Inauguración da exposición de monstros e baile de Alfaia: ás 12.00 horas, na capa da rúa Galicia.
Escape room Misión Samaín: de 12.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 20.00 horas, na Casa da Xuventude. Entrada libre e gratuíta.
Obradoiros de globoflexia e pintacaras terroríficos: de 16.30 a 18.30 horas, na carpa da rúa Galicia.
Festa infantil de disfraces: de 18.30 a 20.30 horas, na carpa da rúa Galicia.
Quedada linedance de Taller Alecrín: ás 20.00 horas, na praza do Concello.
Luns, 2 de novembro:
Exposición de monstros: de 17.00 a 20.00 horas, na carpa da rúa Galicia.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.