Thursday 29 de October de 2026

Incremento das subvencións para as entidades veciñais, culturais e comisións de festas no 2027


As entidades e colectivos veciñais son o principal motor da vida social, cultural e deportiva de Oleiros. Para facilitar o seu funcionamento, o Concello presta unha colaboración permanente, poñendo á súa disposición locais, instalacións e medios municipais sen ningún custo económico para as asociacións.

Ademais deste apoio directo, o Concello concede anualmente subvencións para contribuír ao desenvolvemento das actividades. Nos próximos días resolveranse as axudas correspondentes ao presente ano, que inclúen un incremento de 43.000 euros nas subvencións destinadas ás entidades deportivas, debido ao aumento do número de clubs e entidades do municipio que participan en competicións de ámbito estatal.

De cara a 2027, o Concello reforzará tamén o apoio ás comisións de festas e ás entidades veciñais e culturais. As primeiras pasarán de contar cunha partida de 3.000 euros a outra de 25.000 euros, mentres que as subvencións para as entidades veciñais e culturais aumentarán de 48.000 a 60.000 euros.

Deja un comentario