Tuesday 27 de October de 2026

A película “La buena letra” chega este martes á Casa da Cultura dentro do IX Ciclo de cine e mulleres rurais


A Casa da Cultura acolle este martes, a partir das 20:00 horas, a proxección de “La buena letra”,  última película do IX Ciclo de cine e mulleres rurais, impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que se proxectará en Neda. A proposta convida a reflexionar sobre o papel vertebrador, social e económico que teñen as veciñas no mundo rural, a través da arte e o cine.

O filme, con guión e dirección de Celia Rico, está ambientado na posguerra española, segue a historia de Ana, unha muller que tenta soster á súa familia nun contexto marcado polas privacións, os silencios e as feridas da guerra.

Baseada na novela homónima de Rafael Chirbes, e interpretada por Loreto Mauleón, Enric Auquer e Roger Casamajor, “La buena letra” pon o foco nas relación familiares e no papel das mulleres dentro dunha contorna onde moitos sacrificios quedan ocultos tras a aparente normalidade.

Deja un comentario