Tuesday 27 de October de 2026

Máis de 800 persoas participaron na comida dos maiores de Outes


Os maiores de 65 anos déronse cita na localidade para celebrar unha comida de confraternidade

Os maiores de Outes celebraron a súa festa. O Concello organizou un ano máis un día de homenaxe para a veciñanza con máis de 65 anos.
Despois dunha misa oficiada polos párrocos Roberto e Johan, a xornada continuou cun xantar de confraternidade entre os asistentes no polideportivo municipal, a música correu a cargo do grupo Élite.
Os participantes puideron compartir unha xornada na que se intercambiaron impresións, recordos e anécdotas de tempos pasados, o obxetivo, foi, un ano máis, ofrecer un lugar de encontro á veciñanza.
Dende o Concello de Outes agradeceron un ano máis a “alta participación da veciñanza neste encontro, que pretende ser un recoñecemento público a unha vida de esforzo e traballo á veciñanza da vila que forman parte da memoria e da historia da nosa vila”.

Deja un comentario