Tuesday 27 de October de 2026

Alternativa reclama avances na regulación do uso dos locais sociais municipais


O pleno municipal aprobou en novembro do pasado ano a proposta de Alternativa para impulsar un uso dos espazos municipais aberto á veciñanza e colectivos que non están integrados a ningunha asociación.

Alternativa propuxo un modelo que facilitase o acceso de toda a cidadanía, adaptando o servizo de cesión ás novas realidades sociais, permitindo crear novas accións de convivencia social.

Dende entón, Alternativa traladou ao Goberno Municipal referencias normativos e procedementos vixentes en concellos veciños, así como un borrador para facilitar a modificación da ordenanza. O asunto tamén foi abornado en distintas comisións informativas, promovendo unha avaliación da situación actual en marzo.

Alternativa sinala que continúan sen producise avances efectivos. Porén o grupo continúa a recibir queixas sobre as condicións de acceso e uso compartido de algúns locais e a carencia de espazos para a veciñanza que non se quere asociar a ningunha entidade.

“Os locais son instalacións que deben dar resposta ás necesidades da veciñanza. Por iso reclamamos unha ordenanza actualizada que poña as regras claras, que permita actuaizar os convenios e posibilidar un uso equilibrado entre a veciñanza. A cesión de uso condede dereitos, pero tamén implica obrigas.” sinala Raúl Varela

Alternativa reclamará no vindeiro pleno que se concrete un calendario de traballo para actualizar a normativa e a revisión dos convenios antes do remate de ano, tal e como marca a actual ordenanza.

Deja un comentario